Á hora de abordar unha información relativa a menores resulta esencial ter en conta o “superior interese do menor”, é dicir facer prevalecer os dereitos dos e das menores sobre calquera outro, incluído o do dereito á información. A relevancia do “superior interese do menor” cobra especial importancia cando as informacións poden categorizarse pola súa natureza negativa (episodios de violencia, maltrato, menosprezo, vexación, ultraxe,…). O obxectivo é protexer o menor, non só dende a inmediatez, senón a longo prazo, tratando de que os erros que puidera ter cometido ou as circunstancias en que se teña desenvolvido a vida do menor, produzan o impacto social máis leve posible na súa vida de adulto co fin de garantir, senón de xeito pleno, unha certa igualdade de oportunidades”[1].
Cartel Informa_DOR
Partindo desta consideración, na elaboración das informacións deberase atender aos seguintes dereitos dos e das menores:
- Dereito á propia imaxe
- Dereito ao honor e á intimidade
- Dereito á presunción de inocencia e dereito á defensa
- Dereito á resocialización
[1] Ignacio Martínez San Macario (avogado): Los derechos del menor y de información en la balanza. En La infancia vulnerable en los medios de comunicación. Informe 2016. FAPE, Aldeas Infantiles SOS e Consejo General de Abogacía Española. Madrid 2016

Informa de xeito veraz e con rigor. Unha información distorsionada pode marcar ao menor de por vida #NonÉSóUnhaNoticia

Contribúe á construír unha imaxe xusta da #infancia. Atende aos seus logros, capacidades e iniciativas #EnPositivo #NonSóFanBotellón.

#Respecta os #sentimentos dos menores ante un suceso tráxico. Poden sentirse intimidados ante a presenza dos medios de comunicación.

Contextualiza o conflito illado. Evita xeralizacións negativas sobre a infancia e a adolescencia #NonSóVítimasOuAgresores.

Só o interese xeral real pode chegar a xustificar a difusión de informacións sobre menores sen consentimento #Protexe o seu anonimato.
Coida que os datos que inclúas non permitan a identificación do menor, tampouco na súa contorna próxima #Protexe o #DereitoÁPropiaImaxe.
Redobra o celo no uso de imaxes. As fotos das súas redes sociais son súas. Sopesa o interese xeral e #Protexe a súa #Privacidade.
Evita a difusión de vídeos de pelexas e humillacións #FeitosIllados #InfanciaEnPositivo Que imaxe de si mesmos lles estamos a trasladar?
Non sinales ao menor ou á súa familia pola súa procedencia ou relixión #NonáDiscriminación
Fontes
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Unidade de Atención Temperá (Facultade de Psicoloxía USC)
881 813 759
Unidade de Dificultades no Desenvolvemento e a Aprendizaxe (Facultade de Psicoloxía USC)
881 813 936
Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento de Problemas de Conduta (Facultade de Psicoloxía USC)
881 813 769
881 813 926
Unidade de Psicoloxía Forense (Facultade de Psicoloxía USC)
881 813 871
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
981 545 622
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
981 544 807
Dirección Xeral de Inclusión Social
981 544 895
APEGA: Asociación Profesional de Pedagogos e Pedagogas e Psicopedagogas e Psicopedagogos de Galicia
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. TSXG, Oficina de Comunicación
Igaxes3, Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector, Área de Comunicación
Outras recomendacións
Neste senso, o Tribunal Supremo lembra o principio de proporcionalidade: a información debe ser adecuada ao fin pretendido (ofrecer información veraz e de interese xeral), necesaria e proporcional en sentido estrito (confrontar a necesidade de informar coa vulneración ou dano que pode ocasionar ao dereito á intimidade).
Desde o punto de vista legal, as seguintes normas protexen en distinta medida a figura dos menores
- Constitución Española: 39.4 “Os nenos gozarán da protección prevista nos acordos internacionais que velan polos seus dereitos”.
- Lei Orgánica 1/1996 de Protección Xurídica do Menor.
- Instrucións da Fiscalía Xeral do Estado 2/2006 e 1/2007 sobre protección do dereito á honra, intimidade e propia imaxe dos menores.
- Declaración Universal dos Dereitos Humanos (nomeadamente o artigo 25 protexe a infancia e a maternidade)
- Declaración dos Dereitos do Neno.
- Convención dos Dereitos do Neno.
A difusión de noticias veraces e de interese público que afecten a menores de idade e que poidan xerarlles un dano á súa reputación, intimidade ou interese, estará amparada polo ordenamento sempre que non sexan identificados (poden utilizarse sistemas de distorsión de voz ou imaxe, utilización de iniciais e excluiranse aqueles datos que directa ou indirectamente identifican o menor).
Na utilización de imaxes de menores, o único límite ao dereito á información é que non se menoscabe a súa honra ou reputación e que a información non sexa contraria aos intereses dos e das menores (Sen esquecer que falamos de información veraz e de interese xeral).