Existe un amplo consenso sobre principios básicos que os profesionais dos medios de comunicación debemos ter en conta no tratamento da información sobre a violencia machista; son postulados recollidos en códigos autorreguladores, suscritos por medios de comunicación, colexios profesionais e asociacións de xornalistas, e respaldados unánimemente polos organismos públicos de proteción e defensa dos dereitos da muller.
Instamos a todos os medios de comunicación e xornalistas que desenvolven o seu traballo no noso ámbito a tratar os casos de violencia contra a muller: física, psicolóxica ou sexual, como un problema social de primeira orde, derivado dun modelo patriarcal que está na orixe da desigualdade.
Cartel Informa_DOR
Que podes facer
Acode a expertas en materia xurídica, psicolóxica e policial para contextualizar informativamente o problema social da #ViolenciaMachista.
Non esquezas o 016 nas túas informacións sobre #ViolenciaSexista. Menciona os recursos para a seguridade e a protección contra o #Maltrato.
Divulga casos das #Superviventes que superaron con éxito a violencia. E non esquezas nunca a difusión das sentenzas xudiciais de #Condena.
Dalle espazo e voz aos homes que defenden a igualdade e rexeitan abertamente as estratexias de dominación e control do #Patriarcado.
Os medios deben abandeirar a loita contra a #Misoxinia e a #Desigualdade de #Xénero expresando claramente o rexeitamento social ao machismo.
Ollo
A #ViolenciaMachista é un #Atentado contra a #Liberdade e os #DDHH que enraíza no #SupremacismoDeXénero: non a despraces ao bloque de #Sucesos.
Titula con rigor. Evita expresións eufemísticas que atenúen a responsabilidade criminal dos #MaltratadoresViolentos e dos #Asasinos.
O efecto narcotizante de fórmulas manidas (outro caso máis de violencia) dificulta a función dos medios na erradicación da #ViolenciaContraAMuller
Subliña o Agresor como único responsable. Obvia os comentarios que culpen a vítima ou banalicen a agresión. A violencia nunca se xustifica.
Ante a #ViolenciaMachistaOuSexual, rexeita detalles morbosos e imaxes que poñan en perigo a integridade física ou psicolóxica da agredida.
Impide a difusión acrítica de #EstereotiposSexistas einformacións que presenten a muller nun papel subalterno ou dependente.
Fontes
Gabinete de Prensa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia TSXG:
981 182 173
618 382 457
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG):
981 534 049
699 908 968
Deputación: Pontevedra (http://www.depo.es/es/servicios-igualdade) – A Coruña: (https://www.dicoruna.es/servizos-sociais/normativa/igualdade/)
Concellos – Centros de Información á Muller (emprazamento e teléfonos)
Policía Autonómica de Galicia
Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad
Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG)
Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galicia
Observatorio de Violencia de Género
Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade de Coruña
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)
Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG)
Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela
Servizo de Igualdade e Conciliación da Universidade de Granada
Áreas da muller dos sindicatos
Outras recomendacións
Algunhas guías para o tratamento nos medios da #ViolenciaContraAMuller
A Autorregulamentación dos medios públicos galegos
As Recomendacións do Consejo Audiovisual de Andalucía
Autorregulamentación dos medios cataláns
Ferramentas para o uso de linguaxe non sexista
O Protocolo para o Tratamento Informativo da Violencia de Xénero e as Agresións Sexuais na Rioxa
Conclusión das Xornadas para o Tratamento Informativo da Violencia Machista. Madrid, 2015