
Membros do Grupo de Traballo de Interculturalidade
- M. Pilar Canosa Raña, coordinadora.
- Érika Medina Muñoz
- Giulia Sacchi
- Omneia Sadek El Shahat
Finalidade
Nunha sociedade multicultural e diversa coma a nosa, o Grupo de Traballo de Interculturalidade pretende eliminar, ou cando menos restrinxir, barreiras comunicativas, no só lingüísticas, nas intervencións psicolóxicas.
Trátase de facilitar, en calquera ámbito da Psicoloxía, a narración do relato e a comprensión integral do mesmo por parte do/a profesional. O fin último sempre será a satisfacción das necesidades da persoa, e o seu benestar psicolóxico.
Obxectivos
Dotar aos e ás profesionais da Psicoloxía de competencias interculturais. Isto é, acadar recursos comunicativos eficaces que, nun contexto de diferenzas culturais significativas, permitan un achegamento psicolóxico axustado á idiosincrasia da persoa.
Recordar que o diálogo intercultural, sempre en igualdade de condicións, favorece a lexitimación e o recoñecemento mutuos. Iso reverte na autoestima e na saúde mental, pero tamén favorece a harmonía social.
Sensibilizar e converternos en axentes de cambio.