Membros da Comisión
- Eva Mª García Quinteiro: Coordina a información
- Mª Carmen González Hermo, Coordinadora
- Mª Dolores González Fernández
- Eva Mª García Quinteiro
- Graciela Lois Río
- Julio Manuel Prol Bao
- Delfina Vicente Santiago
- Antonio Esteban Fuertes Saavedra
- María Dolores Seijo Martínez
- José Antonio Barcia Tuccelli
- Carolina Tinajero Vacas
- Yago López Pérez
Obxectivos
A Psicoloxía do Deporte e o exercicio físico é o estudo científico das persoas e a súa conduta no contexto do deporte e a actividade física. En liñas xerais a psicoloxía deportiva pode axudar a:
- Optimizar o rendemento deportivo mediante o adestramento de habilidades psicolóxicas implicadas na actividade física e no deporte (motivación, atención, autoconfianza…).
- Orientar e asesorar a técnicos/as e responsables do deporte base e iniciación.
- Deseñar e aplicar estratexias psicolóxicas para o mantemento e modificación da actividade física e deportiva.
- Asesorar na xestión e dirección de entidades e instalacións deportivas.
- Formar a técnicos/as, monitores/as, adestradores/as e demais persoal vencellado coa actividade física.
- Axudar a establecer un clima adecuado para a práctica deportiva…
A Psicoloxía do Deporte dirixe o seu traballo a deportistas, adestradores/oras, árbitros e xuíces deportivos, pais de deportistas, directivos/as, etc..
O seu ámbito de actuación abarca o deporte de rendemento, o deporte de base e iniciación deportiva, organización de entidades deportivas, arbitraxe e xuízo deportivo, actividade física, ejercicio e saúde, poboacións especiais, etc…