Comisión Intersectorial de Mediación

Composición da Comisión

  • Ricardo Fandiño Pascual, Coordinador
  • Ana María Ulloa Lagerepresentante da Sección de Psicoloxía Educativa
  • Pilar Canosa Raña, representante da Sección de Psicoloxía da Intervención Social
  • Carlos Montes Piñeirorepresentante da Sección PTO
  • Nuria González Lois,  representante da Sección de Psicoloxía Xurídica 
  • Noemí Silva Álvarez, representante da Sección de Psicoloxía e Saúde
  • Cristina Torrado Tarrío, representante do Grupo de Tráfico e Seguridade

Solicitar unha mediación no eido civil

Poderá solicitar unha mediación ante o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia calquera cidadá, cidadán, empresa ou organismo con interese en resolver discrepancias a través do diálogo e a colaboración.

O procedemento de mediación poderá iniciarse:

  • De común acordo entre as partes. Neste suposto poderá incluírse a designación dun mediador ou dunha mediadora pactada polas partes, ou ben delegar no Servizo de Mediación e designación da persoa mediadora.
  • Por unha das partes, en cumprimento dun pacto de sometemento a mediación existente ente elas.
  • Por iniciativa dunha soa das partes.

Requisitos para a inscrición no Rexistro de Mediación do COPG

Poderán inscribirse no Rexistro de Mediadores e Mediadoras do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia os psicólogos e psicólogas que: conten, inicialmente, coa formación específica mínima para exercer a mediación en asuntos civís e mercantís (100 horas, das que como mínimo 35 horas serán de carácter práctico), acreditada por centros de formación homologados; se comprometan a realizar un seminario práctico anual de catro horas para continuar no listado e teñan subscrito un seguro de responsabilidade civil que cubra especificamente a súa actividade no eido da mediación.

A solicitude de ingreso realizarase pola colexiada ou colexiado, cumprimentando a solicitude prevista a tal efecto.

Obxectivos

A Comisión Intersectorial de Mediación ten como obxectivo xeral dar a coñecer e impulsar a aplicación da mediación tanto entre os colexiados e colexiadas como nas institucións e na sociedade en xeral.

Que é a mediación?

A mediación é un método para xestionar conflitos no que as persoas implicadas acadan solucións por si mesmas. Neste proceso están acompañadas por unha persoa mediadora, encargada de facilitar a comunicaicón, promovendo as condicións e mobilizando os recursos necesarios para garantir un diálogo construtivo. Trátase dun mecanismo rápido e eficaz, baseado nos principios de voluntariedade, imparcialidade, neutralidade, confidencialidade e boa fe.

Eidos de aplicación
  • Mediación familiar
  • Mediación comunitaria
  • Mediación penal e penitenciaria
  • Mediación escolar
  • Mediación intercultural
  • Mediación civil e mercantil
  • Mediación empresarial e nas organizacións
  • Mediación interxeracional
  • Mediación sanitaria
  • Mediación administrativa
  • Mediación deportiva
  • Mediación laboral
  • Mediación en consumo
  • Mediación hipotecaria
  • Mediación concursal

Portal Solomediación

Os colexios deberán potenciar aos mediadores para atallar conflitos (Boletín Educaweb.com)

Experiencias de mediación escolar en Gernika

Noticia "Mediadores de barrio para unha convivencia máis fluída"

Lei 1/2007, de 21 de febreiro, de Mediación Familiar da Comunidade de Madrid

Noticia "A Generalitat catalana aposta pola mediación familiar para evitar casos como o da nena Manresa (Barcelona)

Noticia “A mediación escolar resolveu o 90% dos conflictos de forma definitiva en 8 centros galegos”

Noticia “Expertos abogan pola mediación familiar antes de acudir ao xulgado”

Noticia “Profesores da zona reúnen na Pedra da Aguía para reflexionar sobre a mediación escolar”

Noticia “O Goberno Vasco impulsará os divorcios pactados para desatascar os xulgados”