
Membros de Xunta Directiva
- Concepción Fernández Fernández, Coordinadora
- Concepción Rodríguez Pérez
- José Luis Domínguez Rey
Por que arte no noso Colexio? Porque non podemos vivir sen arte. Podemos tal vez vivir sen consciencia de criar, máis criar é inherente á vida. A propia combinación de dous códigos xenéticos para criar algo diferente, é arte. Sen arte a vida non tería evolucionado ata este estado no que nos atopamos, en que somos capaces de concibir a arte.
Tendo en conta que a arte é esencial para o ser humano, debe ser, na medida do posible, promovida. Para isto foi creada a Comisión de Cultura no noso Colexio; para axudar ao espertar da arte na vida de todos e todas. Nada mellor para facer do que facendo: facendo exposicións de pintura e chamando para participar no Concurso Literario “Rosa de Cen Follas” nas modalidades de poesía e conto; porque para potenciar a existencia de algo é necesario darlle un espazo no que existir. Convidamos a todos e todas a participar no noso Concurso Literario e a facer uso do espazo para exposicións. Agardámosvos!