Psicoloxía do Traballo e das Organizacións

Psicoloxía do Traballo e das Organizacións

Membros da Xunta Directiva

  • Carlos Montes Piñeiro, Presidente
  • José Ortuño Vilurbina, Vicepresidente
  • Ana María Entenza Vidal, Secretaria
  • Antonio Esteban Fuertes Saavedra, Tesoureiro
  • Antía Blanco Espiñeira, Vogal
  • Julio González Morandeira, Vogal
  • Paloma Rodríguez Puime, Vogal
  • Noelia Turnes Boquete, Vogal
  • José Luis Domínguez Rey, Vogal
Obxectivos

Coordinar, integrar e desenvolver as actividades científicas-profesionais dos colexiados e colexiadas, tanto por iniciativa propia como a través dun marco de cooperación con outras institucións e entidades.

Velar pola calidade e rigor da práctica profesional promovendo accións de tipo organizativo como formativo que permita manter e mellorar o prestixio da profesión acorde co Código Deontolóxico.

Estudar os criterios e requisitos de cualificación recomendables para o desempeño profesional, crear grupos de traballo para o cumprimento dos fins da Sección e atender ás directrices da División de Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e Recursos Humanos.

Requisitos

Para ser membro da Sección acreditarase o desempeño profesional actual na Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, ou ben a formación especializada na mesma a través de sistemas acreditados ou o desempeño profesional no pasado durante un período mínimo de tres anos. Véxase Regulamento de Réxime Interno da Sección de PTO

A solicitude de ingreso realizaraa o/a colexiado/a cumprimentando a solicitude prevista a tal efecto.