Composición da Comisión
- Socorro Rodríguez Holguín, coordinadora
- José Manuel Pazos Riveiro
- Jessica Rodríguez Czaplicki
- Mª Victoria Canosa Raña
- Hafdallah Menni El Ouali
- Cristina Fontaíña García
Na Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia do 10 de marzo de 2015, foi aprobada a creación da Comisión para a Defensa da Profesión.
Entre os obxectivos da Comisión figuran os de fomentar e potenciar o recoñecemento da psicoloxía como profesión necesaria na sociedade así como apoiar o emprendemento de accións legais contra o intrusismo das pseudoterapias, pseudociencias, así como dos/as profesionais que exercen sen a colexiación obrigatoria.
No conxunto do Estado español é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga. Este requisito recóllese do artigo 3.2 da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.
O número de colexiado/a acredita como profesional diante da sociedade: É aval para garantir o cumprimento da titulación cos requisitos legais para exercer como psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Debe de facerse público e é de utilidade incluílo nos informes, no teu espazo de traballo, nas comunicacións, etc …