Achegas da Psicoloxía

Galardón e Libro de Ouro

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia creou no ano 2009 o acto Achegas da Psicoloxía. Premio Dolores Llópiz “Psicoloxía e Sociedade”. Trátase dun encontro para todos os colexiados e colexiadas do COPG e no cal se realiza a entrega do Premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade, galardón creado para distinguir á persoa, institución ou asociación que teña colaborado co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia contribuíndo ao desenvolvemento da nosa profesión.

Neste evento tamén se realiza un recoñecemento aos compañeiros e compañeiras que cumpren 25 anos de vida colexial de forma initerrompida e tamén se da a benvida a todos os colexiados e colexiadas que se incorporaron, por primeira vez ao Colexio ao longo do ano.

Agasallo Premio Dolores Llópiz “Psicoloxía e Sociedade”
Eros, o deus, amaba á princesa Psique na escuridade da noite do seu pazo encantado. A súa dita estaba suxeita a unha condición: a fermosa Psique non debería endexamais tentar a ver o seu rostro.

Pero unha noite Psique, movida pola curiosidade, acendeu unha lámpada para contemplar, extasiada, ao seu amado durmido. Ao descubrilo, Eros abandonouna, deixándoa a mercede da envexosa Afrodita, que a someteu ás máis duras probas. Finalmente, Eros, conmovido pola súa pena, pediu a Xúpiter que a fixera inmortal para tomala como esposa.

Eros e Psique, os protagonistas do famoso mito grego narrado por Apuleyo, foron elevados polos filósofos á categoría de símbolos. Eros: o amor, a sensualidade, o coñecemento adquirido a través do sentidos; Psique: o espírito, a aprendizaxe, o coñecemento intelectual.

Eros e Psique, sentimento e razón, os dous principios que rexen a conduta do ser humano. A esencia da Psicoloxía.

No se encontraron resultados

La página solicitada no pudo encontrarse. Trate de perfeccionar su búsqueda o utilice la navegación para localizar la entrada.