Abramos o Círculo

Abramos o círculo

Coordinador: Rubén Villar Trenco

Algúns homes insultan, abusan ou desprezan ás mulleres.

Non obstante pódese cambiar a actitude agresiva e aprender outras formas de relacionarse.

“Abramos o Círculo” é un programa de atención psicolóxica especializada e de apoio, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, e dirixido a homes que adoptan actitudes inadecuadas nas relacións coa súa parella e coa súa familia, e desexan adquirir novos modos de comportamentos exentos de agresividade.

O programa ofrece dúas áreas de atención:
– Información.
– Atención/intervención psicolóxica personalizada

Obxectivos

Ofrecer atención e terapia psicolóxica a homes que queiran aprender a resolver conflitos sen violencia e a comunicarse mellor coa súa familia e coa súa parella.

Requisitos para acceder ao programa

O acceso é gratuíto e anónimo, e faise poñéndose en contacto co seguinte teléfono: 

630 170 140

Persoas ás que se dirixe

Homes con problemas de control da violencia que desexen:

– Aprender a resolver conflitos sen violencia e a comprender a natureza da violencia.
– Relacionarse coas mulleres con respecto e igualdade.
– Educar aos seus fillos e fillas en igualdade.
– Asumir hábitos positivos de relación e convivencia.