
Membros de Xunta Directiva
- Luis Carlos Álvarez García, presidente
- Marta Rivas Rodríguez, secretaria
- Susana Blanco Fernández, vogal
- M. Inmaculada Casabiell Rodríguez, vogal
- Emma Diéguez Teijeiro, vogal
- José Manuel Oreiro Blanco, coordinador coa Xunta de Goberno
A Comisión de Ética e Deontoloxía é a encargada de velar pola interpretación e a aplicación do Código Deontolóxico na práctica profesional, espallar o seu coñecemento e favorecer a formación e práctica ética.
A Comisión de Ética e Deontoloxía está formada por un/unha Presidente/a, un/unha Secretario/a e tres Vogais.
A proposta de nomeamento dos membros da Comisión de Ética e Deontoloxía faraa a Xunta de Goberno, que adoptará a decisión por maioría cualificada.
Os membros da Comisión de Ética e Deontoloxía coas expresións do cargo que ocuparán na mesma serán elixidos ou cesados pola Xunta Xeral, co voto favorable das dúas terceiras partes dos/as asistentes, a proposta da Xunta de Goberno, que a formulará así mesmo co voto favorable das dúas terceiras partes dos/as seus/súas integrantes.
Os membros da Comisión de Ética e Deontoloxía serán elixidos para un período de catro anos, renovándose a Comisión parcialmente cada dous anos da forma establecida no seguinte parágrafo:
A primeira elección producirase aos dous anos da constitución da Comisión Deontolóxica e corresponderá ao/á Secretario/a e aos/ás dous/dúas Vogais impares, correspondendo a seguinte ao/á Presidente/a e ao/á Vogal par, e así no sucesivo.
Os/As integrantes da Comisión de Ética e Deontoloxía non poderán en ningún caso volver a ser elixidos/as para a mesma función ata catro anos despois da finalización do seu cometido.
É incompatible con calquera outro cargo colexial definido no regulamento do Colexio.
As funcións da Comisión son: Velar polo cumprimento do Código Deontolóxico na práctica profesional, desenvolver o Código Deontolóxico, estimular a formación e práctica ética, constituírse en Comisión Electoral cando se convoquen eleccións a calquera órgano de goberno.
A Comisión rexirase polo seu propio regulamento e o previsto nos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Adoptará osa cordos por maioría absoluta. Presentará informes anuais da súa actividade coa confidencialidade pertinente ante a Xunta Xeral. Gozará de absoluta independencia no exercicio das súas funcións. Terá plena dispoñibilidade dos medios colexiais necesarios para o cumprimento das súas funcións, así como o apoio dos servizos xurídicos do COPG.
A Comisión réxese polos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e polo Regulamento do procedemento sancionador do COPG.