Composición da Comisión
- Ricardo Fandiño Pascual, Coordinador
- Ana María Ulloa Lage, representante da Sección de Psicoloxía Educativa
- Pilar Canosa Raña, representante da Sección de Psicoloxía da Intervención Social
- Carlos Montes Piñeiro, representante da Sección PTO
- Nuria González Lois, representante da Sección de Psicoloxía Xurídica
- Noemí Silva Álvarez, representante da Sección de Psicoloxía e Saúde
- Cristina Torrado Tarrío, representante do Grupo de Tráfico e Seguridade
Solicitar unha mediación no eido civil
Poderá solicitar unha mediación ante o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia calquera cidadá, cidadán, empresa ou organismo con interese en resolver discrepancias a través do diálogo e a colaboración.
O procedemento de mediación poderá iniciarse:
- De común acordo entre as partes. Neste suposto poderá incluírse a designación dun mediador ou dunha mediadora pactada polas partes, ou ben delegar no Servizo de Mediación e designación da persoa mediadora.
- Por unha das partes, en cumprimento dun pacto de sometemento a mediación existente ente elas.
- Por iniciativa dunha soa das partes.
Requisitos para a inscrición no Rexistro de Mediación do COPG
Poderán inscribirse no Rexistro de Mediadores e Mediadoras do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia os psicólogos e psicólogas que: conten, inicialmente, coa formación específica mínima para exercer a mediación en asuntos civís e mercantís (100 horas, das que como mínimo 35 horas serán de carácter práctico), acreditada por centros de formación homologados; se comprometan a realizar un seminario práctico anual de catro horas para continuar no listado e teñan subscrito un seguro de responsabilidade civil que cubra especificamente a súa actividade no eido da mediación.
A solicitude de ingreso realizarase pola colexiada ou colexiado, cumprimentando a solicitude prevista a tal efecto.
Obxectivos
A Comisión Intersectorial de Mediación ten como obxectivo xeral dar a coñecer e impulsar a aplicación da mediación tanto entre os colexiados e colexiadas como nas institucións e na sociedade en xeral.
Que é a mediación?
A mediación é un método para xestionar conflitos no que as persoas implicadas acadan solucións por si mesmas. Neste proceso están acompañadas por unha persoa mediadora, encargada de facilitar a comunicaicón, promovendo as condicións e mobilizando os recursos necesarios para garantir un diálogo construtivo. Trátase dun mecanismo rápido e eficaz, baseado nos principios de voluntariedade, imparcialidade, neutralidade, confidencialidade e boa fe.
Eidos de aplicación
- Mediación familiar
- Mediación comunitaria
- Mediación penal e penitenciaria
- Mediación escolar
- Mediación intercultural
- Mediación civil e mercantil
- Mediación empresarial e nas organizacións
- Mediación interxeracional
- Mediación sanitaria
- Mediación administrativa
- Mediación deportiva
- Mediación laboral
- Mediación en consumo
- Mediación hipotecaria
- Mediación concursal