Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte

Membros da Comisión

  • Eva Mª García Quinteiro: Coordina a información
  • Mª Carmen González Hermo, Coordinadora
  • Mª Dolores González Fernández
  • Eva Mª García Quinteiro
  • Graciela Lois Río
  • Julio Manuel Prol Bao
  • Delfina Vicente Santiago
  • Antonio Esteban Fuertes Saavedra
  • María Dolores Seijo Martínez
  • José Antonio Barcia Tuccelli
  • Carolina Tinajero Vacas
  • Yago López Pérez

Obxectivos

A Psicoloxía do Deporte e o exercicio físico é o estudo científico das persoas e a súa conduta no contexto do deporte e a actividade física. En liñas xerais a psicoloxía deportiva pode axudar a:

  • Optimizar o rendemento deportivo mediante o adestramento de habilidades psicolóxicas implicadas na actividade física e no deporte (motivación, atención, autoconfianza…).
  • Orientar e asesorar a técnicos/as e responsables do deporte base e iniciación.
  • Deseñar e aplicar estratexias psicolóxicas para o mantemento e modificación da actividade física e deportiva.
  • Asesorar na xestión e dirección de entidades e instalacións deportivas.
  • Formar a técnicos/as, monitores/as, adestradores/as e demais persoal vencellado coa actividade física.
  • Axudar a establecer un clima adecuado para a práctica deportiva…

A Psicoloxía do Deporte dirixe o seu traballo a deportistas, adestradores/oras, árbitros e xuíces deportivos, pais de deportistas, directivos/as, etc..

O seu ámbito de actuación abarca o deporte de rendemento, o deporte de base e iniciación deportiva, organización de entidades deportivas, arbitraxe e xuízo deportivo, actividade física, ejercicio e saúde, poboacións especiais, etc…