Comisión Para a Defensa da Profesión

Composición da Comisión

  • Socorro Rodríguez Holguín, coordinadora
  • José Manuel Pazos Riveiro
  • Jessica Rodríguez Czaplicki
  • Mª Victoria Canosa Raña
  • Hafdallah Menni El Ouali
  • Cristina Fontaíña García

Na Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia do 10 de marzo de 2015, foi aprobada a creación da Comisión para a Defensa da Profesión.

Entre os obxectivos da Comisión figuran os de fomentar e potenciar o recoñecemento da psicoloxía como profesión necesaria na sociedade así como apoiar o emprendemento de accións legais contra o intrusismo das pseudoterapias, pseudociencias, así como dos/as profesionais que exercen sen a colexiación obrigatoria.

No conxunto do Estado español é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga. Este requisito recóllese do artigo 3.2 da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

O número de colexiado/a acredita como profesional diante da sociedade: É aval para garantir o cumprimento da titulación cos requisitos legais para exercer como psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Debe de facerse público e é de utilidade incluílo nos informes, no teu espazo de traballo, nas comunicacións, etc …

Podes presentar unha queixa ante a Comisión para a Defensa da Profesión e Prevención do Intrusismo a través da sede electrónica do COPG