Como Colexiarse
* Será necesario solicitar cita previa para realizar os trámites de colexiación. Para solicitar a túa cita accede ao seguinte enlace.
Podes tramitar a túa colexiación persoalmente na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por correo postal e, se dispós de sinatura dixital para asinar a documentación, a través da sede electrónica do Colexio: [accede ao enlace].
A continuación detállanse os requisitos para a colexiación:
Fotografía
Achegarase 1 foto tamaño carné.
DNI
Presentarase copia simple por ámbas as dúas caras. No caso de ser tramitada a colexiación por correo postal ou a través da sede, deberase achegar copia simple por ambas as dúas caras do DNI.
Datos Bancarios
Para o posterior abono das cotas colexiais, farase domiciliación bancaria, sendo necesario aportar datos bancarios especificando o IBAN do número de conta (24 díxitos) e o Código SWIFT/BIC. Tanto o número de IBAN como o Código SWIFT/BIC deberalo solicitar na túa sucursal bancaria.
Impresos de Colexiación
Título
Deberase presentar copia simple do título de licenciatura/grao ou certificado de telo solicitado se acudes presencialmente. No caso de ser tramitada a colexiación por correo postal ou a través da sede deberase aportar copia simple por ambas as dúas caras do Título.
Se se posúe a titulación profesional para o exercicio de actividades sanitarias (Título de Especialista en Psicoloxía Clínica, Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria, habilitación para o exercicio de actividades sanitarias) deberase presentar copia simple para poder incluír no Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios/as (REPS) do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.
Comunicación Colexial
De conformidade co acordo da Xunta de Goberno do Consejo General de Colegios Oficiales de Psicólogos (COP) adoptado na súa reunión do 28 de marzo de 2009 e en base ao disposto no artigo 3.2 da vixente Lei 2/1974, de 13 de febreiro, de Colexios Profesionais, infórmase que é requisito indispensable para o exercicio da profesión atoparse incorporado ao Colexio correspondente.
Esta incorporación débese realizar no Colexio Territorial que se corresponda co enderezo da actividade profesional, único ou principal.
Por iso, rógase a todos/as os/as psicólogos/as que en prazo de dous meses regularice a súa situación, se fora necesario; feito que redundará en beneficio do/a propio/a colexiado/a e da Organización Colexial.
Pago no momento da colexiación
Abonaranse no momento de colexiarse, os seguintes conceptos:
– Cota de inscrición: 94,80€
Taxa reducida: 47,40€
- Para quen se colexie nos 24 meses seguintes á súa da data de graduación/licenciatura.
- Para aquelas persoas que acrediten no momento da Colexiación que están en situación de desemprego, para iso deberase presentar Informe de demandante de emprego/Informe de situación administrativa actual e tarxeta de demandante de emprego actualizado.
Están exentas aquelas persoas que se reincorporen ao Colexio sempre e cando non transcorresen máis de 5 anos dende o momento da súa baixa.
– Mensualidades a desfrutar dentro do semestre natural en que se produce a colexiación. 18, 33 €/mes (Semestre: 110 €).
– Cota de derrama de local: 30,05 € (Só na primeira colexiación).
No caso de que a colexiación se tramite por correo postal, deberase achegar a copia do resgardo que acredite ter feito o ingreso ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia no Nº de conta ES02 – 0081- 0499 – 6500 – 0227 – 8629 de Banco Sabadell do importe correspondente á colexiación.