FOCAD

O FOCAD é unha formación a distancia elaborada polo Consejo General de la Psicología e a cal poden acceder todos os colexiados e colexiadas de maneira gratuíta.

O Consejo General de la Psicología de España ten en marcha un Programa de Formación Continuada a Distancia FOCAD en Psicoloxía coa finalidade de promover a actualización científico-profesional dos psicólogos e psicólogas colexiados e colexiadas en diferentes campos da intervención psicolóxica (Psicoloxía Clínica e da Saúde, Psicoloxía Educativa, Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humanos, Psicoloxía da Intervención Social, Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte, Psicoloxía Xurídica, Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade etc.).

O programa consiste no estudo, e avaliación dos coñecementos, de diversos materiais educativos elaborados por prestixiosos/as psicólogos/as académicos/as e profesionais. Os/as psicólogos/as que superen dita avaliación obterán o correspondente certificado de 20 horas (2 créditos).

Co obxectivo de que os/as novos/as colexiados/as poidan acceder ás anteriores edicións do FOCAD, van ofrecer progresivamente os cursos das 55 edicións realizadas ao longo destes 17 anos, revisadas e actualizadas. Se xa realizaches a primeira edición destes cursos, e deséxalo, podes realizar tamén a 2ª edición actualizada.

A continuación presentamos a QUINCUAXÉSIMA SEXTA EDICIÓN (XANEIRO-MARZO 2025), cos cursos do FOCAD que podes descargar e imprimir para o seu estudo, a través da páxina web oficial do FOCAD http://www.focad.es/, mediante clave personalizada (número de colexiado e NIF persoal), tal e como indica o espazo de axuda.  Desde o 16 de xaneiro ata o 31 de marzo de 2025 poderás contestar os cuestionarios de avaliación e, unha vez superado, recibir a correspondente certificación.

Nova Edición FOCAD

  • O psicólogo de emerxencias ante a conducta suicida en adolescentes
  • O poder do lugar: os escenarios de conduta e o efecto barrio
  • Soidades non desexadas en época de individualismo
  • A atención orientada á recuperación en saúde mental
  • Intervención psicosocial nas enfermidades raras

FOCAD para divisións do consejo general de la psicología

Como membro da División podes realizar os cursos que a continuación se detallan. Podes contestar os cuestionarios de avaliación e, unha vez superados, recibir a correspondente certificación.

FOCAD para División de Psicoloxía da Actividade Física e do Deporte

Estratexias de coaching en psicoloxía do deporte

FOCAD para División de Psicoloxía Xurídica

  • Trauma informado no ámbito de xustiza
  • Avaliación forense do trastorno por #Estrés post traumático complexo

FOCAD para División de Psicoloxía de Intervención Social

O traballo en equipo interdisciplinar na psicoloxía da intervención

FOCAD para División de Psicoloxía Clínica e da Saúde

  • O marco de poder, ameaza e significado. Unha alternativa aos diagnósticos psiquiátricos actuais
  • Da neuroanatomía á neuropsicología da memoria declarativa: como entender e diagnosticar amnesia do lóbulo temporal

FOCAD para División de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade

  • O rol do/a profesional da psicoloxía na avaliación e formación de profesionais de seguridade privada
  • O rol actual do/a profesional da psicoloxía no permiso por puntos
  • Psicoloxía aeronáutica
  • A psicoloxía do tráfico e a seguridade na nova movilidad
  • O profesional da psicoloxía do tráfico e da seguridade no ámbito de actuación dun centro de recoñecemento. 2ª Edición actualizada

FOCAD para División de Psicoterapia

  • Mapas para a formulación de casos
  • Valoración da esquizofrenia negativa: algunhas achegas á avaliación e o seu impacto emocional
  • Terapia dialéctico conductual radicalmente aberta. Un tratamento para o sobrecontrol