As emerxencias e catástrofes son coberturas informativas especialmente delicadas e complexas. Nestas situacións, os medios cumpren unha importantísima función social que deben asumir con responsabilidade. Deles depende a transmisión de informacion á cidadanía con rapidez e rigor. O dereito á información debe facerse compatible co dereito á intimidade das vítimas e as súas familias, cuxo sufrimento e privacidade cómpre respetar e comprender.
Cartel Informa_DOR
As autoridades deben incluír a asistencia aos medios de comunicación entre as súas prioridades na intervención en emerxencias e subministrar regularmente información contrastada. A falta de transparencia e dunha xestión adecuada das canles de comunicación cos medios, poden propiciar que se recurra a fontes pouco fiables.
É imprescindible que as empresas periodísticas contribúan a que os profesionais esten en condicións de respetar os principios deontolóxicos neste tipo de informacións e que eviten o sobredimensionamento e a espectacularización. Cómpre que reparen en que a cobertura de emerxencias e catástrofes pode tamén afectar os profesionais e que faciliten a súa formación e especialización.

Na información sobre #Emerxencias prioriza as fontes expertas. Verifica os testemuños e as mensaxes difundidas en redes sociais.

Pon o foco nas vidas das #Vítimas de #Emerxencias. Antes de difundires os seus datos, confirma que as familias xa foron informadas.

En #Emerxencias usa con tino as imaxes de arquivo. Contrasta e edita as gravacións de terceiros. Advirte a audiencia de imaxes sensibles.

Fai seguimento no tempo das #Emerxencias. Contextualiza os feitos e profundiza nas causas, máis alá do suceso illado.

Visibiliza os casos de #PersoasDesaparecidas. Respeta os espazos escollidos pola familia para informar. Difunde as imaxes oficiais.
O rigor é primordial na cobertura de #Emerxencias. Non difundas información sen contrastar nin te precipites ao atribuír responsabilidades.
Rexeita a linguaxe efectista e o tremendismo cando informes sobre #Emerxencias. Prescinde de datos superfluos e morbosos.
Respeta a dor das #Vítimas e as súas familias. Non as presiones para que falen nin tomes imaxes sen consentimento. Protexe os menores.
Non uses imaxes que degraden as #Vítimas. Desbota primeiros planos de persoas feridas e en shock. Evita a reiteración de imaxes.
As #PersoasDesaparecidas están en situación vulnerable, non especules. Manexa con coidado datos persoais e imaxes, sobre todo de menores.
Fontes
Gabinete de Prensa de Vicepresidencia
981 557 345
981 541 234
981 957 298
Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA)
Instituto de Medicina Legal (IMELGA)
Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Gabinete de prensa 112
Prensa Delegación do Goberno: 639 508 858
Policía Nacional:
– 981 166 300
Garda Civil:
– 981 167 813
– 659 947 265
Servizo Galego de Saúde (servizos centrais)
Urxencias Sanitarias de Galicia (061)
Agrupacións de Protección Civil
Axencia Doazón Órganos e Sangue de Galicia (ADOS)
Asociación SOS Desaparecidos Galicia
Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES)
Bombeiros Públicos de Galicia: pbpgalicia@gmail.com
Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia: mibgalicia@gmail.com