Informa_DOR

Guía práctica do tratamento informativo da violencia contra a muller

Existe un amplo consenso sobre principios básicos que os profesionais dos medios de comunicación debemos ter en conta no tratamento da información sobre a violencia machista; son postulados recollidos en códigos autorreguladores, suscritos por medios de comunicación, colexios profesionais e asociacións de xornalistas, e respaldados unánimemente polos organismos públicos de proteción e defensa dos dereitos da muller.

Instamos a todos os medios de comunicación e xornalistas que desenvolven o seu traballo no noso ámbito a tratar os casos de violencia contra a muller: física, psicolóxica ou sexual, como un problema social de primeira orde, derivado dun modelo patriarcal que está na orixe da desigualdade.

Cartel Informa_DOR

Que podes facer

Acode a expertas en materia xurídica, psicolóxica e policial para contextualizar informativamente o problema social da #ViolenciaMachista.

Non esquezas o 016 nas túas informacións sobre #ViolenciaSexista. Menciona os recursos para a seguridade e a protección contra o #Maltrato.

Divulga casos das #Superviventes que superaron con éxito a violencia. E non esquezas nunca a difusión das sentenzas xudiciais de #Condena.

Dalle espazo e voz aos homes que defenden a igualdade e rexeitan abertamente as estratexias de dominación e control do #Patriarcado.

Os medios deben abandeirar a loita contra a #Misoxinia e a #Desigualdade de #Xénero expresando claramente o rexeitamento social ao machismo.

Ollo

A #ViolenciaMachista é un #Atentado contra a #Liberdade e os #DDHH que enraíza no #SupremacismoDeXénero: non a despraces ao bloque de #Sucesos.

Titula con rigor. Evita expresións eufemísticas que atenúen a responsabilidade criminal dos #MaltratadoresViolentos e dos #Asasinos.

O efecto narcotizante de fórmulas manidas (outro caso máis de violencia) dificulta a función dos medios na erradicación da #ViolenciaContraAMuller

Subliña o Agresor como único responsable. Obvia os comentarios que culpen a vítima ou banalicen a agresión. A violencia nunca se xustifica.

Ante a #ViolenciaMachistaOuSexual, rexeita detalles morbosos e imaxes que poñan en perigo a integridade física ou psicolóxica da agredida.

Impide a difusión acrítica de #EstereotiposSexistas einformacións que presenten a muller nun papel subalterno ou dependente.

Outras recomendacións

Algunhas guías para o tratamento nos medios da #ViolenciaContraAMuller

A Autorregulamentación dos medios públicos galegos

O Manual de Estilo de RTVE

As Recomendacións do Consejo Audiovisual de Andalucía​​​

Autorregulamentación dos medios cataláns

​​​​Ferramentas para o uso de linguaxe non sexista

O Protocolo para o Tratamento Informativo da Violencia de Xénero e as Agresións Sexuais na Rioxa

Conclusión das Xornadas para o Tratamento Informativo da Violencia Machista. Madrid, 2015

​Plataforma Feminista Galega

Rede Galega contra a Trata

Velaluz

ONU Mujeres

Forum de Política Feminista

Fundamental Rights Agency-European Union