Listaxe Avaliación Mergulladores

Listado de Mergulladores Profesionais

Obradoiro para profesionais da psicoloxía habilitados para a realización de probas de avaliación psicolóxica a mergulladores profesionais

Curso de formación sobre avaliación psicolóxica de mergulladores profesionais

O 20 de xuño celebrouse a sesión presencial do Curso de formación sobre avaliación psicolóxica de mergulladores profesionais no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) na Illa de Arousa.

Este curso, organizado pola Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG, contou cun total de 25 horas, 16 horas de teleformación e 9 horas presenciais.

Impartido por Joaquín Colodro Plaza, Psicólogo militar e experto en mergullo profesional, e Vicente Fernando Varela Parapar, instructor de mergullo no IGAFA, o obxectivos do curso foron dar a formación específica en avaliación psicolóxica para o exercicio do mergullo profesional (Decreto 152/98. DOG 04/06/1998) e habilitar a psicólogos e psicólogas pola Consellería do Medio Rural e do Mar para a realización de probas de avaliación psicolóxica contempladas no regulamento do exercicio do mergullo profesional (Orde de 23 de abril de 1999, DOG Nº 90 de 12/05/1999).

Obradoiro para profesionais da psicoloxía habilitados para a realización de probas de avaliación psicolóxica a mergulladores profesionais

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Obradoiro para profesionais da psicoloxía habilitados para a realización de probas de avaliación psicolóxica a mergulladores profesionais, que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o día 11 de novembro de 2016.

Os obxectivos deste obradoiro foron: abordar a avaliación psicotécnica tendo en conta os principios éticos e as directrices de control de calidade e a súa aplicación nos procesos de avaliación psicolóxica de mergulladores profesionais, realizar un estudo sobre as técnicas e protocolos en avaliación psicolóxica a mergulladores en base á información de avaliación de psicólogos/as acreditados/as no ano 2000, establecer metodoloxía e protocolos nos procesos de avaliación psicolóxica a mergulladores profesionais e aproveitar a experiencia profesional facilitada por psicólogos acreditados e sacar conclusións.

O obradoiro foi impartido por:

Mª Emilia Alonso Pérez

Psicóloga colexiada e profesional da área dos recursos humanos, con amplía experiencia na selección de persoal e consultoría. Directora de proxectos de selección en EGA Consultores

Mª Concepción Prado Álvarez

Psicóloga con actividade profesional en selección de persoal, formación e orientación profesional. Vogal da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG). Responsable de emprego e do fondo bibliográfico e psicométrico do COPG. Psicóloga colexiada inscrita no rexistro de psicólogos/as especialistas na avaliación de mergulladores profesionais co nº 18

Olegaria Mosquera Bueno

Psicóloga colexiada inscrita no rexistro de psicólogos/as especialistas na avaliación de mergulladores co nº 15. Membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE). Orientadora no IES Santa Irene de Vigo. Impartiu diversos cursos de avaliación e elaboración de informes