Psicoloxía Educativa

Membros da Xunta Directiva

  • Manuela del Palacio García, Presidenta
  • Ana María Ulloa Lage, Vicepresidenta
  • M. Asunción Teijeira Bautista, Secretaria
  • María Begoña Castro Iglesias, Tesoureira
  • Concepción López Martín, Vogal
  • Nuria Lago Fernández, Vogal
  • Carolina Tinajero Vacas, Vogal
Obxectivos

Potenciar o desenvolvemento científico, técnico e profesional do seu ámbito disciplinario; promover a cooperación e o intercambio de información e experiencia profesional entre os seus membros; potenciar a investigación e formación no ámbito propio organizando xornadas, cursos, etc… así como potenciar a proxección pública da profesión.

Asesorar ante as demandas dos profesionais, dos medios de comunicación e outros sectores sociais. Establecer as relacións oportunas con diferentes institucións, asociacións, …. Defender a calidade e rigor da práctica profesional dos Psicólogos e Psicólogas Educativas ante o intrusismo mediante a difusión do rol do Psicólogo e Psicóloga Educativa, as competencias profesionais e do Código Deontolóxico.

Requisitos

Para ser membro da Sección acreditarase o desempeño profesional actual na Psicoloxía Educativa, ou ben a formación especializada na mesma a través de sistemas acreditados ou o desempeño profesional no pasado durante un período mínimo dun ano.

A solicitude de ingreso realizaraa o/a colexiado/a cumprimentando a solicitude prevista a tal efecto.