Grupo de Tráfico e da Seguridade

Membros da Coordinadora do Grupo de Tráfico e da Seguridade

O día 1 de decembro de 2006 a Xunta de Goberno aproba a creación da Comisión de Tráfico e da Seguridade formada polos/as seguintes colexiados/as:

  • Eva Muíño Gómez, coordina a información
  • Mª Jesús Sánchez Peteiro
  • Pilar Casal Devesa
  • Rosa Mª Domínguez Cameán
  • María Mariño Barca
  • Alejandro González Piñeiro
  • Adriana Rodríguez Crespo
  • Marta García Veiga
  • Fernando Piñeiro Mansilla

Obxectivos

O Grupo de Tráfico e da Seguridade do COPG quere potenciar o desenvolvemento científico, técnico e profesional do Psicólogo e Psicóloga no ámbito da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade; promover a cooperación, intercambio e experiencia profesional entre os membros do grupo, outras seccións e demais colexios; elaborar programas e protocolos de actuación; propiciar a proxección pública da profesión e establecer obxectivos comúns con responsables académicos e outras institucións; promover actividades de interese relacionadas co tráfico e a seguridade (conferencias, cursos, xornadas…)