Publicacións

O Anuario foi, e é, unha publicación aberta. Nace co propósito de dar voz e oído, de invitar á reflexión dos que escriben e dos que len, sobre temas de interese para a Psicoloxía Clínica. Cada número vertébrase sobre un tema central, enfocado dende diversos ángulos, incluíndo áreas de coñecemento alleas á propia, pero que poden aportar novos mapas.

O Anuario nace nun marco afastado da esfera académica, sen máis pretensión que a de crear un espazo no que se poida cavilar libremente. Seguindo esa línea, neste novo equipo de redacción nos plantexamos aumentar a participación por medio da sección «Casos Clínicos e Comunicacións Libres», totalmente abertas a quen queira traer unha brúxula.

Non hai datos dispoñibles neste momento.