
Membros da Xunta Directiva
- Xacobe Abel Fernández García, Presidente
- Paula Marcos Carregal, Vicepresidenta
- María Villarino González, Secretaria
- Eduardo Martínez Lamosa, Tesoureiro
- Paula Cid Gutiérrez, Vogal
- María Salomé Botana Martínez, Vogal
Obxectivos
A Sección de Psicoloxía e Saúde ten como obxectivos os expresados nos artigos 5 e 6 do Regulamento Marco do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que pretenden o desenvolvemento científico, técnico e profesional da nosa disciplina.
Para conseguilo a Sección encargarase da organización anual das Xornadas Galegas de Psicoloxía e Saúde e a edición dunha publicación periódica que sirvan como instrumento de comunicación e divulgación profesional. Asemade serán obxectivos desta Sección a organización de cursos e a difusión de información de interese relacionada co seu ámbito.
Prestará apoio á creación de grupos de traballo entre os seus membros e fará un seguimento e avaliación dos programas de formación e dos dispositivos asistenciais, velando pola calidade e rigor da práctica profesional dos/as psicólogos/as no ámbito sanitario.
Requisitos
Segundo se recolle no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía e Saúde (modificado o 10 de decembro de 2013), no seu artigo 3 indícase o seguinte:
- Para ser membro da Sección acreditarase o desempeño profesional no campo da Psicoloxía vinculada á saúde, ben sexa na súa dimensión docente, investigadora ou clínico-aplicada, ou ben a formación especializada na mesma a través de sistemas acreditados.
- A solicitude de ingreso realizaraa o/a colexiado/a cumprimentado a solicitude provista ao efecto á que engadirá a documentación certificativa da condición provista no artigo anterior.
Ligazóns
Solicitude de alta na Sección a través da sede electrónica
Solicitude de baixa na Sección
Solicitude de baixa na Sección a través da sede electrónica
Regulamento de Réxime Interno da Sección de Psicoloxía e Saúde
División de Psicoloxía Clínica e da Saúde
División de Psicoloxía da Saúde