Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos

Quen somos

O Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos está formado por profesionais da Psicoloxía que desenvolven a súa actividade na rede de asistencia ás adiccións en Galicia.

Actuamos en representación do conxunto de persoas que sosteñen o papel central da psicoloxía nun modelo de atención integral, biopsicosocial e comunitario que dá respostas asistenciais eficaces ás múltiples dimensións do problema das adiccións.

Membros do Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos

  • María Carou López, coordinadora
  • Mª Concepción Abad Alastruey
  • Jesús Cancelo Martínez
  • Mª Carmen Guimeráns Freijeiro
  • Gerardo Sabio Fernández
  • Lourdes Suárez Fernández
  • María Villarino González
Creación do Grupo

A xustificación básica da existencia deste grupo é a defensa da asistenca ás adiccións no ámbito da atención pública á saúde mental e a necesidade de que a profesión da psicoloxía participe no deseño dun plan sectorial que garanta o futuro da rede de asistencia ás adiccións en Galicia.

Obxectivos
  • Dar pulo desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a quelas iniciativas dirixidas ao recoñecemento da asistencia ás adiccións como parte fundamental da asistencia á saúde mental.
  • Apoiar as iniciativas encamiñadas á integración plena dos dispositivos de tratamento no sistema público de atención á saúde mental.
  • Defender o papel central da intervención psicolóxica, nun modelo asistencial integral, no tratamento das condutas adictivas.
  • Deseñar e participar de todas as inciativas de formación e divulgación necesarias.
  • Proporcionar asesoramento ao conxunto do corpo colexial.
  • Participar de todas as accións encamiñadas á reforma estrutural da rede de tratamento das condutas adictivas.