Grupo de Traballo de Intervisión
Membros do Grupo de Traballo de Intervisión
- Natalia Seijo Ameneiros, coordinadora
- Alba Tamara López Vellón
- Yoana Fernández Moreno
- Carmen Corina Rodas Verdes
- Ángela María Piñeiro Cotelo
Os obxectivos específicos do Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde son:
- Crear un espazo que axude a diminuír a presión emocional ao saber que hai problemas semellantes.
- Crear estratexias propias que se poidan aplicar no traballo.
- Ábrese un espazo, dentro do COPG, para que as persoas colexiadas que teñan interese poidan intercambiar as súas experiencias, enriquecéndose mutuamente no seu traballo clínico á vez que enriquecen o traballo colexial e do resto de persoas colexiadas.
- As reunións para as persoas colexiadas realizaranse unha vez ao mes.
