A túa saúde mental non é un xogo
Data: 02/10/2025
A túa saúde mental non é un xogo
Material da campaña dispoñible para descarga

Poñemos á túa disposición todo o material gráfico da campaña en diferentes formatos.

📌 Cartelería con lemas

📌 Señor Potato

A necesidade desta campaña xorde fronte á proliferación de solucións fáciles e máxicas das pseudoterapias que seducen a moitas persoas. Precisamos situar a Psicoloxía e a colexiación como garantía dunha intervención responsable, rigorosa, ética e eficaz.

Co lema “A saúde mental non é un xogo” e tendo de protagonista ao Señor Potato, confiamos en espertar curiosidade e interpelar a audiencia. Ademais, este lema central ven acompañado doutras mensaxes complementarias, deseñadas con humor e ironía.

Desde o COPG convidámoste a participar na difusión desta campaña. Para iso, elaboramos o material en diferentes tamaños. Así, podes elixir o que mellor se adecúe á túa práctica profesional.

  1. Descarga o material que máis se axuste aos teus intereses.
  2. Utiliza e difunde o material, ben imprimíndoo ou no formato virtual.
  3. Na sede do COPG haberá material impreso no seu tamaño máis grande, dispoñible ata esgotar existencias.

Por que participar?

  • Contribúe ao desenvolvemento dunha comunidade profesional comprometida cun ben común e coas boas prácticas.
  • Salienta a túa profesionalidade e o recoñecemento da psicoloxía, dando seguridade e confianza ás persoas coas que traballas.
  • Visibiliza a túa condición de psicóloga/o colexiada/o, diferenciándote doutras opcións e asegurando un servizo ético e cualificado.
  • Axuda á cidadanía a comprender que o tratamento da saúde mental require de determinados estándares de calidade, e que non todo vale.

Gustaríanos que formaras parte desta iniciativa e que aproveites estes novos recursos. Moitas grazas pola túa dedicación.