Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos
Quen somos
O Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos está formado por profesionais da Psicoloxía que desenvolven a súa actividade na rede de asistencia ás adiccións en Galicia.
Actuamos en representación do conxunto de persoas que sosteñen o papel central da psicoloxía nun modelo de atención integral, biopsicosocial e comunitario que dá respostas asistenciais eficaces ás múltiples dimensións do problema das adiccións.
Membros do Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos
- María Carou López, coordinadora
- Mª Concepción Abad Alastruey
- Jesús Cancelo Martínez
- Mª Carmen Guimeráns Freijeiro
- Gerardo Sabio Fernández
- Lourdes Suárez Fernández
- María Villarino González
Creación do Grupo
A xustificación básica da existencia deste grupo é a defensa da asistenca ás adiccións no ámbito da atención pública á saúde mental e a necesidade de que a profesión da psicoloxía participe no deseño dun plan sectorial que garanta o futuro da rede de asistencia ás adiccións en Galicia.
Obxectivos
- Dar pulo desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a quelas iniciativas dirixidas ao recoñecemento da asistencia ás adiccións como parte fundamental da asistencia á saúde mental.
- Apoiar as iniciativas encamiñadas á integración plena dos dispositivos de tratamento no sistema público de atención á saúde mental.
- Defender o papel central da intervención psicolóxica, nun modelo asistencial integral, no tratamento das condutas adictivas.
- Deseñar e participar de todas as inciativas de formación e divulgación necesarias.
- Proporcionar asesoramento ao conxunto do corpo colexial.
- Participar de todas as accións encamiñadas á reforma estrutural da rede de tratamento das condutas adictivas.