Psicoloxía Xurídica

Membros da Xunta Directiva

  • Dolores Seijo Martínez, presidenta
  • Milagros Martínez García, vicepresidenta
  • Concepción Fernández Martínez,secretaria
  • María Alba Sousa González, tesoureira
  • Manuel Vilariño Vázquez, vogal
  • Ricardo Fandiño Pascual,vogal
  • Lucía Monroy Fernández, vogal
  • Nuria González Lois, vogal
Obxectivos

Dentro dos obxectivos que persegue a Sección de Psicoloxía Xurídica atópanse de forma prioritaria a formación dos seus asociados e asociadas mediante a organización de actividades (cursos, conferencias, xornadas e obradoiros) de máxima calidade e interese que axuden á actualización de coñecementos dos membros que forman a Sección, así como á divulgación de coñecementos entre os psicólogos e psicólogas adscritos ao Colexio e público en xeral.

Requisitos

Segundo o artigo 6 do Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía Xurídica, “poderán ser membros da Sección todos/as aqueles/as colexiados/as no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que acrediten o desempeño profesional actual ou no pasado en Psicoloxía Xurídica, ben sexa na súa dimensión docente, investigadora ou aplicada, ou ben na formación especializada na mesma a través de sistemas especializados”.

A solicitude de ingreso realizaraa o/a colexiado/a cumprimentando a solicitude prevista a tal efecto.